Solapas principales

>Relatorios UCGAL: Entende a túa factura eléctrica para aforrar, no Milladoiro

Lunes, 23 marzo, 2026
Ás 19.30 horas

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, acollerá durante as vindeiras semanas tres relatorios informativos sobre a xestión das finanzas do fogar, impartidos pola Unión de Consumidores de Galicia. Os emprazamentos serán a Casa da Cultura do Milladoiro e o salón de Plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns. Estas actividades enmárcanse no acordo que teñen asinado o Concello de Ames e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL).

O día 23 de marzo, na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase Entende a túa factura eléctrica para aforrar enerxía. Un obradoiro que informará ás persoas participantes de como diferenciar ás empresas distribuidoras das comercializadoras, aprender a ler a factura enerxética, e pequenos trucos de aforro neste senso.