Solapas principales

>"Quen se esconde nestes contos?" en Bertamiráns

De Martes, 14 Octubre, 2025 hasta Jueves, 16 Octubre, 2025
Ás 17.30 horas

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. 

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas.

Trátase dun programa de actividades que está pensado para a ampla variedade de familias que se achegan ao proxecto Apego na procura de actividades, recursos e outras propostas creativas e divertidas que faciliten a socialización en galego das crianzas.

Deste xeito, retómanse os contacontos nas bibliotecas municipais do Milladoiro e Bertamiráns para introducir aos máis cativos na lectura. Así, os días 14, 15 e 16 de outubro será a quenda de "Quen se esconde nestes contos?". Terán lugar a partir das 17.30 horas na Biblioteca de Bertamiráns. As inscricións para a actividade estarán abertas do 6 ao 11 de outubro e pódense facer chamando ao 981 884 829 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.