- Tipo
- Tematica
O espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial Novo Milladoiro, programou para o mes de abril novas actividades de aprendizaxe co obxectivo de formar a autónomos e empresas e crear un ambiente de networking no que os/as emprendedores/as poidan establecer sinerxías e estreitar relacións sectoriais. A inscrición para todas as actividades é libre e gratuíta. As inscricións poden facerse na páxina web de A Proa.
Logo do Free Coworking mensual, chegará Como conseguir máis clientes con Google, a túa web e a IA sen complicarte a vida, que se impartirá o vindeiro xoves 23 de abril, ás 12.30 horas. Unha formación práctica para persoas emprendedoras, autónomos e negocios locais que queren gañar visibilidade, transmitir confianza e converter mellor co que xa teñen.
Nesta sesión abordarase, de forma clara e práctica, que é o que mira hoxe un cliente antes de decidirse a escribirlle a un negocio, chamar ou comprar: a ficha de Google, a web, as recensións, as mensaxes e a imaxe que se transmite en liña. Tamén se tratará a temática de como a intelixencia artificial pode ser beneficiosa para os negocios.
Ambas actividades son gratuítas e abertas para calquera persoa. Non obstante, é necesario inscribirse mediante a seguinte ligazón.





