Solapas principales

>Presentación do libro antolóxico XXII Certame Literario Concello de Ames

Sábado, 11 abril, 2026
Ás 12.30 horas

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames organiza este sábado 11 de abril, ás 12.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, un acto para presentar o libro antolóxico do XXII Certame Literario. Ao dito acto acudirán os gañadores e gañadores do certame literario de 2025, estará conducido pola xornalista amesá Paula Cantelar e amenizado polo dúo musical Xeito de dous.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este sábado 11 de abril, ás 12.30 horas, a presentación do libro antolóxico que recolle os 18 textos gañadores do XXII Certame Literario, celebrado o pasado ano 2025. A presentación estará conducida pola xornalista de Ames Paula Cantelar e contará coa actuación musical do dúo Xeito de dous, formado por Xián Ardións e Xiana Baliñas. Trátase dunha presentación aberta a todo o público que queira asistir e, ademais,  todas as persoas asistentes que así o desexen poderán levar de agasallo un exemplar do volume editado.

Á presentación están convidadas todas as persoas premiadas no pasado certame nas categorías de narrativa e poesía. Durante a presentación coñecermos os textos gañadores na voz dos propios autores e autoras. 

Premiados no XXII Certame Literario
Os traballos premiados proceden dun total de 11 concellos de diferentes. Entre a listaxe de obras gañadoras, atópanse textos procedentes de Ames, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Nigrán, Touro, Oroso, Bueu, Allariz, Lugo e Porto do Son. No concello amesán quedaron cinco dos galardóns: o primeiro premio da primeira categoría na modalidade de narrativa, todos os premios da segunda categoría da modalidade de narrativa e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de poesía. 

Xeito de dous
Xeito de dous é un dúo musical formado por Xiana Baliñas, á viola, e Xián Ardións, ao piano. Concretamente Xián é veciño de Ames e exalumno da escola de música de Ames. Ambos contan cunha ampla formación musical e como grupo destacan por ter amplo repertorio que vai dende o máis clásico ata o popular urbano ou o folk.