Solapas principales

>Presentación da obra “Libres e Vivas”

Miércoles, 17 marzo, 2021
Ás 20.00 horas.

O mércores 17 de marzo, ás 20.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns presentarase o libro “Libres e Vivas”, da editorial Galaxia. Trátase dunha obra colectiva  de dez autoras diferentes das nosas letras que tratan a literatura, narrativa, poesía e teatro, desde diferentes aspectos que leva a enriquecer a súa achega persoal a esta obra.

As autoras abordan a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade e da igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir.

Na presentación contaremos con algunhas das autoras, Charo Pita, María López Sández, María Xosé Porteiro e Mercedes Queixas, acompañadas pola Concelleira de Cultura de Ames, Natividade González e o director da Editorial Galaxia, Francisco Castro.