Solapas principales

>Obradoiro: "O outro lado de Luísa, a ilustración"

Viernes, 3 mayo, 2024
Ás 17:00 horas

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o departamento de Bibliotecas do Concello de Ames organiza un obradoiro dirixido a nenos e nenas a partir de 3º de primaria. Levarase a cabo na biblioteca do Milladoiro o venres 3 de maio, ás 17:00 horas. As familias que desexen participar poderán inscribirse ata o 30 de abril escribindo a biblioteca@concellodeames.gal ou no teléfono 981 530 807.

Trátase dun obradoiro de experimentación con libros, combinando a experimentación artística, o book art e a poesía de Luísa Villalta, autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024. A actividade xira arredor do xogo e a experimentación creativa, empregando como material de base libros rexeitados e "inservibles" para versionar unha serie de poemas de Villalta.

Este obradoiro está enmarcado dentro de Ler conta moito, o programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Xunta de Galicia en colaboración coas entidades locais.