Solapas principales

> Obradoiro de pintura de murais "Terra de mulleres: voces nos valos"

Sábado, 12 noviembre, 2022
De 10:00 a 18:00 horas

A segunda das actividades programadas dentro do programa de Terra de Mulleres é un taller de pintura urbana aberto ao público, que será impartido polo persoal de 7H Cooperativa Cultural. Terá lugar o sábado 12 de novembro, de 10:00 a 18:00 horas. Nel búscase implicar aos veciños na creación dun mural que se pintará sobre un dos valos do lugar de Tarrío, no que se tratarán de reflectir todas as lembranzas e teimas compartidas polos habitantes desta aldea. A localización exacta do lugar no que se desenvolverá o obradoiro pódese consultar premendo nesta ligazón.

As prazas son limitadas, polo que para participar é necesario inscribirse. Pódese facer enviando un correo electrónico ao enderezo 7hcoop@7hcoop ou chamando ao número de teléfono 645 55 11 84. Recoméndase que os asistentes leven calzado e roupa axeitada para pintar.