Solapas principales

> Obradoiro de electrónica e programación de robots

Viernes, 9 junio, 2023
A partir das 17:00 horas

O venres 9 de xuño terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro un obradoiro de electrónica e programación de robots, organizado pola aula AMTIC. O taller estará composto por dúas prácticas de programación electrónica dunha hora e media de duración cada unha, para dous grupos de idade (de 8 a 10 e de 11 a 14 anos). Ademais, ofrecerase unha charla sobre a materia, e habilitarase un espazo de exposición de robots autónomos e unha impresora 3D. A inscrición pode facerse de maneira presencial nas instalacións da aula AMTIC ou a través do enderezo electrónico informatica.milladoiro@concellodeames.gal, enviando esta ficha ou de xeito presencial, acudindo ás instalacións da Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC)

Na primeira franxa horaria, de 17:00 a 18:30 horas, terán cabida os nenos e nenas de entre 8 e 10 anos; mentres que na segunda, de 19:00 a 20:30 horas, impartiranse contidos para a rapaza dende os 11 ata os 14 anos.

Para comezar, haberá unha pequena charla teórica sobre a electrónica e a súa programación en placas de tipoloxía Arduino (con sensores e actuadores) e unha explicación da contorna de programación onde se realizará a práctica. A continuación, os participantes poderán desenvolver esa primeira práctica, para posteriormente presencial a programación electrónica dun robot.

Por outra banda, haberá tamén un espazo de exposición no que se realizará unha demostración de robots autónomos, e onde se ensinará unha impresora 3D.