Solapas principales

>Obradoiro de cantos de berce: "Arrolos de salitre"

Jueves, 11 marzo, 2021
Ás 17.00 e ás 18.00 horas.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o obradoiro  de cantos de berce "Arrolos de salitre". Este espectáculo infantil realizarase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o xoves 11 de marzo, ás 17.00 e ás 18.00 horas. Dirixido por Guillerme Fernández e Faia Díaz, as familias que teñena nenos e nenas de 0 a 2 anos de idade, aprenderán melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito apego.

Precísase inscrición previa que se poderá facer, do 3 ao 10 de marzo, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. A actividade é de balde.