Solapas principales

> Obradoiro de beatbox

Sábado, 9 abril, 2022
de 11:00 a 13:00 horas

A Escola Municipal de Música de Ames organiza en abril e maio catro obradoiros musicais de carácter introdutivo, destinados a persoas de máis de 8 anos e cunha oferta variada e diversa de xéneros e disciplinas. O primeiro obradoiro deste ciclo será o de beatbox, que se desenvolverá o sábado 9 de abril, dirixido polo cantante e beatboxer Narci Rodríguez. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición, enviando esta ficha de inscrición cuberta e asinada ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal. Cun custe de 10 euros, os talleres desenvolveranse os sábados, nunha única sesión de 11:00 a 13:00 horas.

“Beatbox, máis alá da túa voz” será a proposta dirixida polo cantante e beatboxer Narci Rodríguez, na que as persoas asistentes coñecerán técnicas básicas e primeiras rutinas para probarse nesta disciplina. Asemade, presentarase a historia e a orixe do beatbox, e mostraranse diferentes tendencias, estilos e modalidades.

O custe da praza só se deberán abonar unha vez que o departamento de Cultura confirme a praza a través do correo electrónico. Os grupos estarán formados por persoas a partir de 8 anos, cun mínimo de cinco e un máximo de quince integrantes.