Solapas principales

>O trío VAG actúa no Milladoiro

Jueves, 10 septiembre, 2020
Ás 18:00 horas

Este xoves, 10 de setembro, ás 18.00 horas, na praza de Manuel Murguía, no Milladoiro, haberá unha nova sesión do ciclo “Música na noite”.

Nesta ocasión a veciñanza amesá poderá gozar da actuación do trío acústico VAG. Este concerto estaba programado para o pasado domingo, 16 de agosto, pero houbo que suspendelo pola choiva. A veciñanza amesá poderá gozar do pop rock nacional e internacional que está presente no repertorio do trío VAG.

Este concerto é de balde e o aforo limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19. Esta iniciativa forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello de Ames pretende dinamizar os sectores cultural e comercial amesán.