Solapas principales

>O libro da selva: o musical no Milladoiro

Viernes, 27 marzo, 2026
Ás 18.00 horas

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

Para rematar marzo, o día 27, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, na conmemoración do Día Mundial do Teatro, a compañía Artika Cia trae para o público infantil “O libro da selva: o musical”, unha adaptación contemporánea e familiar do clásico de Kipling con música orixinal en galego, que convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza.