Solapas principales

>Música e danza: "Bolboreta"

Viernes, 24 noviembre, 2023
Ás 20.00 horas

O venres 24 de novembro, ás 20:00 horas, representarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a performance de música e danza “Bolboreta”, da man da agrupación Emsemble Verxel.

Son unha agrupación formada por 12 artistas galegos, que conta con 4 compositores, 2 bailaríns e coreógrafos e 6 músicas (violín, viola, cello, piano, frauta e clarinete). Con esta performance, este conxunto galego de maioría feminina trata de achegar a arte contemporánea a todo tipo de públicos, usando a mestura de distintas disciplinas artísticas como  a música, a danza e o teatro.