Solapas principales

>Mesa de debate sobre as artes escénicas despois da Covid-19

Miércoles, 24 marzo, 2021
Ás 19.00 horas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o mércores, 24 de marzo, ás 19.00 horas, un debate sobre “As artes escénicas despois da Covid-19 e incidencia do Xacobeo na súa reactivación”. No encontro participarán as compañías Teatro do Noroeste e Teatro do Atlántico, a empresa de produción audiovisual Chiripa producións, a compañía de danza Druída e a de títeres Cachirulo. O acto será aberto ao público e de balde, pero  retransmitirase por streaming para quen queira participar en liña.

No coloquio falarase sobre como se van a realizar as artes escénicas, dende o teatro ou a danza ata os títeres, tras a pandemia. Comentaranse as experiencias profesionais de cada unha das empresas que participan. Tamén se exporán as opinións que teñen os seus representantes de como se xestionou a situación tras as restricións que afectaron ao sector cultural. Agora que xa se permite o acceso do 30% do aforo, as compañías comezan a retomar a actividade cultural.

Ademais, falarase de cara ao futuro e de como o Xacobeo pode influír a prol desta situación.

Teatro do Noroeste, a encargada de levar a cabo este debate, é unha compañía de teatro galega fundada no 1987 e única radicada en Ames.

No coloquio tamén intervirá Xulio Lago, representante de Teatro do Atlántico, compañía constituída no ano 1985.

A compañía de títeres Cachirul, creada en 1985,  aportará o seu punto de vista, a través de Julio Rey, sobre as consecuencias da Covid-19.

Na mesa tamén debaterán Eva Alonso, representante da empresa de producción audiovisual Chiripa producións e Mercedes Suárez, da compañía de danza Druída.