Solapas principales

>Mercadiño solidario de troco

Sábado, 12 diciembre, 2020
De 16.00 a 19.00 horas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado 12 de decembro, en horario de 16.00 a 19.00 horas, un mercadiño solidario de troco. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Benestar Social a través da Oficina de Voluntariado de Ames. O obxectivo é recadar alimentos de Nadal. Os veciños e veciñas que acheguen alimentos poderán escoller algo a cambio.

Esta iniciativa súmase á campaña de recollida de alimentos de Nadal que está aberta ata o 14 de decembro. Deste xeito, a veciñanza amesá que queira participar nesta campaña aínda está a tempo de achegar os seus alimentos de Nadal en horario de mañá, de 9.00 a 14.00 horas, á Casa do Concello ou ás Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. Tamén se poderán achegar os alimentos ao pavillón municipal de Bertamiráns, en horario de tarde, de 17.00 a 20.00 horas.