Solapas principales

>Mariñeiras

Sábado, 28 noviembre, 2026
Ás 18.00 horas

Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas. O programa comezou o mércores, 2 de setembro, na Carballeira dos Trasnos de Ventín, coas “Brincadeiras miúdas”, de Miudiño e Cé Orquestra Pantasma.

Deste xeito, o programa inclúe a artistas e compañías como Paco Nogueiras, Migallas Teatro, Cris de Caldas, Miguel Froján, Raquel Queizás, Brais das Hortas, Iseo a Moura, Fundación Legar, A Cova das Letras, Sonsoles Penadique, Chechu Riquelme e A Banda da Montaña. Todos e todas elas ofreceranlles ás familias moitas risas, música, baile e moitas aprendizaxes e experiencias novas a través dunha crianza positiva en galego.

O sábado 28 de novembro, ás 18.00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle Mariñeiras, unha obra da Cova das Letras interpretada por Cris Collazo, Sonia García e Sabela Galván. O soño de Maria é ser patroa, e durante sete días consecutivos dedicarase a superar probas para acadar o obxectivo de levar o seu propio temón.