Solapas principales

>Laboratorio nómade para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial, en Bertmiráns

Domingo, 14 junio, 2026
De 15.00 a 19.00 horas

O domingo, 14 de xuño, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns será a sede dun laboratorio nómade de investigación para a preparación comunitaria ante a crise ecosocial, organizada pola plataforma Ames Pospetróleo e o Instituto Resiliencia en colaboración co Concello de Ames. A sesión enmárcase nunha liña de investigación de Marta Moreno Muñoz arredor da ecopedagoxía e prácticas comunitarios en contextos de crise ecosocial. 

Este encontro, que se celebrará en horario de 15.00 a 19.00 horas, propón un espazo piloto de investigación orientado a explorar formas de aprendizaxe colectiva e preparación ante escenarios de colapso, integrando as dimensións materiais, relacionais, emocionais, éticas e tecnoloxías low-tech (sistemas, ferramentas e solucións que priorizan a simplicidade, a accesibilidade e a sostibilidade).

A sesión será ofrecida polo Instituto de Resiliencia e a asociación Ames Pospetróleo e xirará arredor dunha liña de investigación de Mara Moreno Muñoz, centrada na intersección de ecopedagoxía, ecoespiritualidade e prácticas comunitarias en contextos de crise ecosocial, vencellada á súa tese doutoral El arte como experiencia de disolución del sujeto. Hacia una práctica artística en tiempos de colapso.    

Para poder participar, as persoas interesadas precisan inscribirse enviando un correo electrónico ao Instituto Resiliencia no seguinte enderezo: ir@instituto-resiliencia.org. Cómpre destacar que os contidos xerados nesta exploración compartida darán lugar a unha posterior publicación na revista 15/15\15.

Multimedia