Solapas principales

Josito Porto actúa en Bertamiráns coa súa banda “Factoría de Subsistencia”

Domingo, 23 agosto, 2020
Ás 22:00 en Bertamiráns

O actor, músico e veciño de Ames, Josito Porto, súbese ao palco hoxe ás 22:00 horas, na praza da Maía, para presentar o seu proxecto musical “Factoria de Subsistencia”.

Redúcense as prazas por mor das normas de loita contra a COVID19
A actividade é de balde ate completar aforo.

A actividade forma parte da programación “Noites de Terraza” que se encadra no AmesON, programa de fomento e dinamización das actividades económica e cultural de Ames.

Josito Porto interpretará no concerto temas dos dous discos que ten editados a Factoría de Subsistencia “Cerca da túa orlla” e “Amores Fracticidas”. Ademais presentará algúns temas do que vai ser o seu terceiro disco, cuxa gravación houbo de adiarse por mor da pandemia.