Solapas principales

>II Regata provincial Ames

Sábado, 25 julio, 2026
Ás 16.00 horas

O Concello de Ames, o Club Ribeiras do Tambre, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Piragüismo, organizan para o vindeiro sábado, 25 de xullo, a partir das 16.00 horas, a segunda edición da Regata provincial Ames, que forma parte do V Circuíto Deputación da Coruña de piragüismo en augas tranquilas. Trátase da segunda regata desta competición que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro.

O V Circuito de Piragüismo Deputación da Coruña 2026 chega ao concello de Ames o próximo sábado, 25 de xullo, a partir das 16.00 horas. Esta competición consta de seis regatas que formarán parte da competición provincial. O circuíto arrincou o pasado sábado, 4 de xullo, na Coruña, e a segunda proba celebrarase na praia fluvial de Tapia, en Ames.  

A competición volve reunir ao piragüismo coruñés nun calendario que se desenvolverá durante os meses de xullo, agosto e setembro. Tras a xornada inaugural na Coruña, o circuíto continuará en Ames, o 25 de xullo; As Pontes de García Rodríguez, o 8 de agosto; Pontedeume, o 22 de agosto; Boiro, o 29 de agosto; e Betanzos, o 12 de setembro.

O circuíto mantén a súa aposta polas categorías de formación, con padexeiros/as desde prebenxamín ata cadete, en probas de kaiak e canoa. Todos/as os/as padexeiros/as terán  que percorrer unha distancia de 1.500 metros en todas as categorías. As probas disputaranse na praia fluvial de Tapia. O obxectivo desta competición é incentivar o deporte federado de base, poñer en valor o piragüismo e promover a provincia a través da actividade deportiva.