Solapas principales

>II Ciclo de Monólogos: Evaristo Calvo e Kari Carbone (Milladoiro)

Viernes, 23 mayo, 2025
Ás 21.00 horas

Tras a boa acollida da súa primeira edición, á que asistiron 853 persoas, o Concello de Ames, a través do departamento de Cultura, organiza o II Ciclo de Monólogos, unha iniciativa que mestura figuras consolidadas no noso país dentro do ámbito humorístico xunto con artistas emerxentes.

Nesta segunda edición do ciclo de monólogos de Ames participarán un total de oito monologuistas que, dende logo, traerán unha boa dose de gargalladas e humor para o público amesán ao longo destas catro xornadas.

Na segunda xornada, desenvolverase o venres 23 en Milladoiro, tamén ás 21.00 horas, con Evaristo Calvo e Kari Carbone. Desta volta, Evaristo Calvo, cunha longa traxectoria sobre os escenarios e na televisión, ofrece unha proposta cómica que non deixará a ningún espectador indiferente. Pola súa banda, Kari Carbone, a pesar levar moi pouco tempo na escena, conta cunha improvisación e espectáculo cheo de forza.