Solapas principales

>ICTUS (anatomía de A derradeira leición de Castelao) en Bertamiráns

De Viernes, 8 Mayo, 2026 hasta Sábado, 9 Mayo, 2026
Ás 20.30 horas

A programación de artes escénicas do Concello de Ames para o primeiro semestre do ano 2026 conta con doce espectáculos de teatro, danza e circo, todos de compañías galegas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026. Pódese consultar o cartel completo na seguinte ligazón. As entradas están dispoñibles na Billeteira electrónica desde o 8 de xaneiro.

O grupo de teatro Chévere será o encargado de pechar o cartel do primeiro semestre co seu novo traballo “ICTUS (anatomía de A derradeira leición de Castelao)”, os días 8 e 9 de maio, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta obra é un repaso sobre a relación entre a memoria, a democracia e os traumas sen resolver da nosa memoria histórica a través do cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”.