- Tipo
- Tematica
A Aula da Natureza xa ten lista a súa programación para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Unha programación que se centra na cultura castrexa, a recollida de herbas de San Xoán, a eclipse total de sol, a interpretación de petróglifos e a observación de estrelas. Para inscribirse nas actividades da Aula da Natureza, é preciso enviar a ficha de inscrición, que se pode descargar na seguinte ligazón, ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal. Preme nesta ligazón para consultar a programación.
Para o domingo, 21 de xuño, haberá un saída para recoller herbas de San Xoán. Para elo farase unha ruta periurbana para a identificación e recollida das herbas, que se empregan para meter na auga e deixalas nun recipiente durante a noite de San Xoán. O punto de encontro para participar nesta actividade será a Casa da Cultura de Bertamiráns. A saída realizarase de 11.00 a 13.00 horas e está aberta a todos os públicos. Ofértanse 30 prazas. Para participar hai que inscribirse.





