- Tipo
- Tematica
Este venres, 28 de novembro, a obra de teatro “Guerra”, da compañía galega Teatro do Noroeste, clausurará a programación do Ames Cultural. A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá desde as 20.30 horas unha peza de fervente actualidade, na que a escena xira arredor dunha guerra desatada no corazón de Europa e que mestura secuencias de caos e destrución, así como diversas referencias ás guerras no Teatro Europeo, dende Shakespeare ata Lorca. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica.
A compañía galega Teatro do Noroeste chega a Bertamiráns este venres, 28 de novembro, para representar o seu último traballo “Guerra”, destinado ao público adulto. As entradas poden adquirirse a través da Billeteira electrónica. Deste xeito, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá desde as 20.30 horas unha peza de fervente actualidade, na que a escena xira arredor dunha guerra desatada no corazón de Europa e que mestura secuencias de caos e destrución, así como diversas referencias ás guerras no Teatro Europeo, dende Shakespeare ata Lorca.
Fundada no 1987, a compañía Teatro do Noroeste conta cunha ampla bagaxe no mundo da interpretación, producindo unha gran cantidade de espectáculos, tanto de clásicos internacionais como de escritos galegos. Representacións que lle valeron para acadar premios como o María Casares ou o Premio do Festival de Teatro Galego. “Guerra” é o seu último traballo, co que levan todo o ano 2025 fascinando ao público adulto galego. Agora, é a quenda do Concello de Ames.





