Solapas principales

>"Grandes éxitos 2004-2024" de Caxoto

Martes, 23 septiembre, 2025
Ás 17.30 horas

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. 

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas.

Trátase dun programa de actividades que está pensado para a ampla variedade de familias que se achegan ao proxecto Apego na procura de actividades, recursos e outras propostas creativas e divertidas que faciliten a socialización en galego das crianzas.

Deste xeito, retómanse os contacontos nas bibliotecas municipais do Milladoiro e Bertamiráns para introducir aos máis cativos na lectura. Así, o martes 23 de setembro, Caxoto estará a festexar os seus 20 anos de traxectoria, presentando un espectáculo cunha selección das mellores cantigas, contos e xogos musicados. Terá lugar a partir das 17.30 horas na Biblioteca de Bertamiráns. As inscricións para a actividade estarán abertas do 15 ao 20 de setembro e pódense facer chamando ao 981 884 829 ou enviando un correo electrónico a biblioteca@concellodeames.gal indicando o nome, apelidos e idade das crianzas que van a participar, xunto cun número de teléfono de contacto.