- Tipo
- Tematica
O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o vindeiro sábado, 7 de novembro, as galas finais Mister e Miss RNB Galicia 2026. As entradas xa están á venda na páxina web do certame, e a apertura de portas do auditorio da Casa da Cultura será media hora antes do comezo de cada gala. Con estas galas, escolleranse aos catro representantes, un por cada provincia galega, para representar a Galicia no concurso nacional Miss e Mister RNB España 2027. A gala masculina será ás 16.30h, mentres que a feminina comezará ás 19.30 horas.
A primeira en celebrarse será a gran gala de beleza masculina, ás 16.30 horas. De seguido comezará ás 19.30 horas a gala de beleza feminina. Trátase dunha xornada chea de elegancia, moda, pasarela e espectáculo na que se coñecerán os/as catro novos/as Mister e Miss RNB Galicia provinciais.
Neste encontro, os representantes de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra competirán durante a gala para converterse nos elixidos para representar ás súas respectivas provincias no certame a nivel nacional, en Mister e Mis RNB España 2027. As entradas xa están á venda na páxina web do certame, e a apertura de portas do auditorio da Casa da Cultura será media hora antes do comezo de cada gala.
Reinado Nacional de Beleza
Este certame nace no ano 2019, e cada ano reúne a 52 candidatos e 52 candidatas, en total 104 participantes, representantes das provincias e cidades autónomas.
Segundo os presidentes desta organización, Juan Delgado e Jesus Bueno, os obxectivos deste certame son a promoción turística de localidades de todo o país, a través dos/as candidatos/as. Estes, non só son valorados polo seu físico, se non que buscan reflectir valores e principios como as calidades artísticas, o fomento do deporte e un estilo de vida saudable, proxección en moda e televisión, confianza e oratoria ante o público, e moitos outros aspectos.





