Solapas principales

> Gala de Hipnose

Viernes, 23 octubre, 2020
Ás 21:00

A Casa da Cultura de Bertamiráns recibe hoxe a partir das 21: da noite ao mago Jeff Toussaint co seu espectáculo “O Hipnotista”.

A función está recomendada para maiores de 12 anos.

Preme aquí para mercar as entradas

O aforo é limitado para manter a distancia e as medidas de seguridade e hixiene que impón a loita contra a Covid-19.

A Gala da Hipnose é unha das novidades da XV edición do Festival de Maxia de Ames

O ilusionista e hipnotista francés Jeff Toussaint   desenvolveu durante máis de 27 anos unha brillante traxectoria no mundo do ilusionismo e da hipnose, actuando para públicos de todas as nacionalidades e asesorando a profesionais do espectáculo.

Asiduo do programa de televisión El Hormiguero, Jeff Toussaint é tamén profesor da Real Universidade María Cristina do Escorial, na carreira de Maxia e Ilusionismo”, e asemade imparte clases de hipnose teatral.

O Hipnotista defínese como “un espectáculo cómico e misteriosos de auténtica hipnose de masas que no deixa indiferente a ninguén e que sempre mantén o respecto polos voluntarios e o público”.