Solapas principales

>Gala de entrega de premios do XXIII Certame Literario

Sábado, 13 junio, 2026
Ás 12.30 horas

O acto de entrega de premios estará presentado por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, e terá lugar este sábado, 13 de xuño, ás 12:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Na edición deste ano, recibíronse un total de 186 traballos, e foi na categoría de narrativa para maiores de 18 anos na que houbo un maior número de participantes, con 65 obras recibidas. As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición foron: Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual.

O pasado martes, 2 de xuño, o xurado da XXIII edición do Certame Literario do Concello de Ames realizou unha xuntanza para valorar e decidir os textos gañadores de poesía e narrativa deste ano. Como vén sendo habitual, entre as obras recibidas atópanse autores de diferentes localidades, maiormente galegas pero tamén doutras latitudes. As persoas encargadas de xulgar os textos desta edición foron: Manuel Portas Fernández, Carlos Negro Romero e Dolores Vilavedra Fernández; as tres pertencentes ao ámbito literario e referentes na creación literaria galega actual.

Desta volta, os traballos premiados proceden dun total de 13 concellos de diferentes. Entre a listaxe de obras gañadoras, atópanse textos procedentes de Ames, Noia, Santiago de Compostela, A Coruña, Nigrán, San Sadurniño, Oroso, Teo, Touro, Lousame, Gondomar, Allariz e Vigo.

No concello amesán quedan catro dos galardóns: o primeiro e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de narrativa dirixida a mozos e mozas de 14 a 17 anos; o segundo premio da primeira categoría (ata os 13 anos) na modalidade de poesía; e o segundo premio da segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) da modalidade de poesía.

Premiados/as no certame
As nove persoas premiadas na modalidade de narrativa foron as seguintes: Aroa Domínguez Domínguez, Adriana González Leira e Ana López Canosa na primeira categoría; Elena Tedín Cobas, Enma Serrano Caneda e Sarah Muñoz Costa, na segunda categoría; e Francisco Javier Fernández Davila, Sonia Corral Franco e Israel Martínez Veiga, na terceira categoría.

En canto á modalidade de poesía, as persoas galardoadas foron: Adriana González Leira, Xela Ramos Domínguez e Lois Herva Rodríguez, na primeira categoría; María Rodríguez Maroño, Elvia Pérez Álvarez e Ana Laranga Romero, na segunda categoría; e Marta Dacosta Alonso, María Comesaña Besteiros e Clara do Roxo, na terceira categoría.

Acto de entrega dos premios
O acto de entrega de premios estará presentado por Belén Martínez, xornalista de Ames Radio, e terá lugar este próximo sábado, 13 de xuño, ás 12:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, contarase coa actuación do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames que interpretará varios temas musicais.