- Tipo
- Tematica
O vindeiro 23 de maio, ás 19.30 horas, o pavillón municipal do Milladoiro acollerá a Gala do 20 aniversario de Escola Municipal de Música de Ames. Neste evento, haberá diversas actuacións musicais a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA. Ademais, tamén se proxectará un vídeo conmemorativo da Escola Municipal de Música. Por outra banda, están convidados os alcaldes e concelleiros/as responsables da EMMA dende a súa creación, así como antigos profesores e profesoras que impartiron clase en dita escola. A gala enmárcase dentro da programación especial do 20 aniversario.
Ao longo de todo este curso houbo diferentes actividades para conmemorar dito aniversario. Agora, como peche da programación do 20 aniversario da EMMA, vaise celebrar unha gala musical o venres 23 de maio, ás 19.30 horas, no pavillón municipal do Milladoiro. Haberá diversas actuacións musicais a cargo do combo xuvenil e de antigos alumnos/as da EMMA.
Será un acto ameno e divertido ao que están convidados os alcaldes e concelleiros/as responsables da EMMA dende a súa creación, así como antigos profesores/as, que impartiron clase en dita escola, e antigos directores/as. Tamén se proxectará un vídeo conmemorativo da Escola Municipal de Música. Durante o acto haberá testemuños de antigos/as alumnos/as, directores/as e personalidade municipais que falarán sobre a evolución da EMMA durante estes últimos 20 anos. Por último, falarase sobre o futuro da Escola de Música.
