Solapas principales

>Foro La España despoblada

Jueves, 27 octubre, 2022
Ás 09:45 horas

O Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, vai acoller este xoves, 27 de outubro, o foro “La España Despoblada”. Neste foro analizaranse as necesidades de conciliación no rural, as medidas que se están adoptando nos diferentes concellos, os desafíos aos que se enfrontan os municipios para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos seus habitantes. Nesta ocasión vanse a propoñer alternativas para fixar poboación desde un concello que é un referente en políticas de conciliación. Ademais, falarase do que é unha aldea modelo, e con que obxectivo se creou esta iniciativa da Xunta de Galicia. Premendo nesta ligazón podes consultar o programa do foro.

Nun momento no que Galicia atravesa unha profunda crise demográfica, a Cadea SER leva ata Ames o seu foro “La España Despoblada”, para analizar as necesidades de conciliación no rural, as medidas que se están adoptando nos diferentes concellos, os desafíos aos que se enfrontan os concellos máis pequenos para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos seus habitantes. Deste xeito, este xoves, 27 de outubro, “La España Despoblada” proporá alternativas para fixar poboación desde un concello que é un referente en políticas de conciliación.

A xornalista da Cadena Ser, Macarena Berlín, será a encargada de abrir o foro ás 10.00 horas. De seguido, intervirá o alcalde de Ames, Blas García, para inaugurar a xornada. Ás 10.15h comezarán as mesas redondas e relatorios nos que destaca a presenza e intervención, entre outras persoas, do conselleiro do Medio Rural, da Xunta de Galicia, José González Vázquez, do alcalde de Dodro, Xabier Castro, do alcalde de Ames, Blas García, do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, e do subdirector de Mobilidade de Terras da Xunta de Galicia, Alfredo Fernández Ríos.

Desde Ames tamén se abordará o reto demográfico ao que se enfronta Galicia con diferentes expertos na materia, co obxectivo de achegar propostas ante un dos problemas que marcan a axenda das administracións locais e autonómica. Ademais, falarase do que é unha aldea modelo, e con que obxectivo se creou esta iniciativa da Xunta de Galicia.  Un instrumento para recuperar e fixar poboación nas contornas rurais da comunidade.

É a terceira vez que Radio Galicia acolle “La España Despoblada” tras as edicións celebradas en Touro e Dodro co impulso de Feníe Enerxía. Esta é unha iniciativa que leva a cabo a nivel nacional a Cadea SER para poñer voz e dar visibilidade ás historias de quen loita por manter vivos os núcleos de poboación en zonas periféricas, con todo o que iso implica: a vantaxe dun modo de vida máis próximo á natureza, pero cos inconvenientes de non contar coa mesma gama e calidade de servizos públicos e privados. Algo que se traduce moitas veces en abandono e falta de oportunidades, o que acrecenta o problema de despoboamento.