Viernes, 23 octubre, 2026
Ás 18.00 horas
- Tipo
- Tematica
Este festival organizado polo Concello de Ames, en colaboración coa Deputación da Coruña, conta cun amplo programa de espectáculos e obradoiros para todos os públicos. Do 22 ao 25 de outubro haberá maxia para bebés, nenos e nenas, persoas adultas e maiores nas Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. As entradas poderanse adquirir na Billeteira electrónica do Concello de Ames. Este evento conta coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Da man do Mago Paco, o venres 23 de outubro presentarase o espectáculo infantil “Xoga e Maxia” na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18.00 horas. A idade recomendada para asistir ao espectáculo é a partir dos 4 anos.





