Solapas principales

>Festas de Trasmonte

De Viernes, 14 Agosto, 2026 hasta Domingo, 16 Agosto, 2026

O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.

O venres, 14 de agosto, darán comezo as Festas de Trasmonte. Serán tres días de festexos con moita música, inchables e unha busca do tesouro para os máis cativos.

O venres, a festa comezará, ás 22.00 horas, co Trío Manhattan e a disco móbil Impacto. Xa o sábado 15, Trasmonte vivirá o día máis grande das festas. Ás 13.15 horas celebrarase unha misa solemne cantada pola Coral Polifónica Antonio Santomil, de Bugallido, que dará paso á sesión vermú dende as 14.30 horas, e que correrá a cargo do grupo The Voice. Xa pola tarde, ás 20.00 horas comezará a principal actividade para os nenos e nenas: a busca do tesouro. O sábado pecharase, dende as 23.00 horas, cunha gran verbena popular amenizada pola disco móbil Fabrik e o Trío Alborada. 

O domingo 16 comezará ás 13.15 horas cunha misa solemne, antes de que a acción se traslade, ás 14.00 horas, a outra sesión vermú, esta vez amenizada polo grupo Deluxe. Xa pola noite, a partir das 21.00 horas, os veciños e veciñas de Trasmonte poderán gozar da mellor música rock co grupo galego Broken Peach, que pechará o cartel das festas.