Solapas principales

> Festas de Santo Tomé de Ames

De Sábado, 1 Julio, 2023 hasta Domingo, 2 Julio, 2023

A parroquia de Ames celebra a súa festa relixiosa na honra ao seu patrón, Santo Tomé, os días 1 e 2 de xullo. Haberá pasarrúas, sesións vermú e verbenas. 

A festividade arrinca o sábado, día1, ás 9:00 horas, con 21 bombas de palenque. Ás 9:30 horas haberá un pasarrúas da man do grupo de gaitas Os Retranqueiros, unha actuación incluída dentro do programa "Música nas parroquias", organizado pola Concellaría de Cultura. A continuación ofrecerase a sesión vermú, que contará co grupo Rosan, orquestra que tamén estará presente na verbena, xunto cos DJs Frisco, Marcos Peón, Celso Bayo e Hugo Leivas. 

O domingo volveranse tirar, arredor das 9:00 horas, 21 bombas de palenque. Xa ás 9:30 haberá de novo un pasarrúas, a cargo de Os retranqueiros, tamén dentro da programación de "Música nas parroquias". As festas pecharanse cunha sesión vermú e unha gran verbena amenizadas pola orquestra Barceló.