- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames ten preparado un amplo programa de actividades para as festas de Nadal deste ano. O programa, organizado por varios departamentos municipais, inclúe múltiples actividades dirixidas a todo tipo de públicos, que se desenvolverán ao longo do mes de decembro e comezos de xaneiro.
Tras as badaladas terá lugar unha Festa de Fin de Ano que se celebrará no pavillón de Bertamiráns, de 1:00 a 8:00 horas, dirixida a persoas maiores de 18 anos. Trátase dunha das principais novidades da programación municipal para este ano, co obxectivo de ofrecer unha alternativa de ocio nocturno no propio concello. Contarase con servizo de autobús cunha liña fixa, que saíra a 1.00h. A volta farase a partir das 04.00 horas con saídas cada hora dende o pavillón de Bertamiráns.





