Solapas principales

>Festa de Entroido

Sábado, 14 febrero, 2026
De 16.30 a 19.30 horas

O Concello de Ames, a través das concellaría de Promoción Económica, Cultura e Educación, e xunto coa participación da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza a programación deste Entroido 2026. A festa transcorrerá do sábado 14 ao luns 16 de febreiro cunha morea de actividades xa tradicionais no concello.

O Entroido dará comezo no Concello de Ames o sábado 14 de febreiro. Dende as 16.30 a charanga Os Celtas serán os encargados de amenizar a festa polas rúas do Concello, antes de que, ás 17.00 horas, a asociación de baile de Bertamiráns, Danzaya, exhiba os seus mellores pasos na Praza da Maía.