Solapas principales

>Espectáculo de narración oral sobre Xela Arias

Martes, 25 mayo, 2021
Ás 17.30 horas.

O espectáculo de narración oral sobre Xela Arias, da man de Raquel Queizás, levarase a cabo o martes 25 de maio ás 17.30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Bertamiráns. A actividade está dirixida a un público familiar con nenos e nenas maiores de 5 anos. Os convites, de balde, pódense adquirir na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O espectáculo trata de como nos anos 80 do século pasado, unha moza, ademais de escoitar rock, abría novos camiños, a través da súa poesía, na nosa literatura. Xela Arias foi unha muller valente, feminista, activista e comprometida co galego desde a súa nenez. De cativa falaba galego e quería aprender máis linguas.