Solapas principales

>Espectáculo "Contos en familia"

Viernes, 19 abril, 2024
Ás 18:00 horas

O venres 19 de abril, ás 18:00 horas,  Cris de Caldas e Xabi do Miño levarán á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "Contos en familia". Dirixido a público familiar, trátase dun espectáculo de contos, música e presentación dunha ampla escolma de libros esenciais para tratar temas clave na crianza. Un menú de conto pensado para introducírmonos no mundo da literatura infantil e para compartir experiencias e inquedanzas.

É precisa inscrición previa, entre o 12 e o 18 de abril, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.