Solapas principales

> Encontros literarios: Xosé Antonio López Silva

Jueves, 2 febrero, 2023
Ás 20:00 horas

As bibliotecas amesás programan para o día 2 de febreiro un novo encontro literario. Desta volta, o autor invitado será Xosé Antonio López Silva, que presentará a obra "Historia natural de Plinio, el bibliotecario del mundo", da Editorial Almuraza. Será ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

López Silva (Santiago de Compostela, 1972) é catedrático de latín de Ensinanza Universitaria. Ao longo da súa traxectoria colaborou como investigador para diversas institucións, como o ILGA (Instituto da Lingua Galega, asociado á USC). Tamén ten traballado como traductor, editor e crítico literario de diversas obras grecolatinas e de literatura española, galega ou en lingua inglesa. Suma numerosas publicacións, entre as que se inclúen, por exemplo"Crónica del historiador galico-romano Hidacio de Chaves", a comedia de Plauto "Los Gemelos" ou a "Electra" de Sócrates. Así mesmo, conta con experiencia no na tradución fóra do ámbito grecolatino. Doutra banda, é critico literario en revistas como "Grial, Revista Galega de Cultura".  

"Historia natural de Plinio, el bibliotecario del mundo" relata as andaduras de Plinio, falecido na erupción do Vesubio. Plinio escribiu unha obra colosal que resulta, a día de hoxe, incriblemente moderna. No ano 77 da nosa era, Plinio o Vello realizou unha gran recopilación enciclopédica da Antigüidade sobre a natureza e o mundo que o rodeaba. A través das páxinas do libro, pódese percibir a importancia da figura do erudito, militar e científico.