Solapas principales

>Encontros literarios: "Un taxi verde e un concerto" de Tuco Cerviño

Jueves, 8 febrero, 2024
Ás 20:00 horas

O xoves 8 de febreiro, Tuco Cerviño presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns “Un taxi verde e un concerto”, da editorial Galaxia. Trátase dun intenso relato polo que transita a memoria da familia, que se remonta ata o século XIX, con historias de masóns, republicanos, socialistas, galeguistas, conservadores, falanxistas, peronistas; desterros, cadea, exilio, depuracións, tribunais franquistas, emigración, viaxes, revolucións. A Guerra Civil e as súas consecuencias.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesá, contaron cunha ampla participación ao longo das edición de 2021 e 2022.