Solapas principales

>Encontros literarios: “Patria de Maeloc” de Luciano Ares Díaz

Miércoles, 29 noviembre, 2023
Ás 20.00 horas

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames organiza unha nova edición dos Encontros Literarios. Estas presentacións, que serven para dar a coñecer novas autoras, autores e proxectos literarios á veciñanza amesán, contaron cunha ampla participación ao longo das edicións de 2021 e 2022.

Este mércores, 29 de novembro, Luciano Ares Díaz presenta “Patria de Maeloc”, da editorial ToxosOutos. Trátase dun conxunto de poemas e contos que foi traballando durante anos.