Solapas principales

>Encontros literarios: Des-A-Mar, ultrasónico

Jueves, 5 febrero, 2026
Ás 20.00 horas

O vindeiro 5 de febreiro o Pazo da Peregrina acolle, ás 20.00 horas, unha nova sesión dos Encontros literarios coa presentación da obra Des-A-Mar, ultrasónico, da autora galega Elba Pedrosa, quen gañou o Premio Aritmar á Mellor poesía do ano 2025 por Que facer. Na presentación tamén estará o catedrático e ensaísta Xosé Antonio López Silva.

A obra preséntase como un punto de encontro entre o desamor e o mar, onde as ideas que se trasladan están vencelladas cos momentos nos que o amor escacha. Durante a presentación, a autora recitará o poema Que facer, que foi premiado polo proxecto galaico-luso Aritmar como a Mellor Poesía do Ano 2025. 

Sinopse do libro 
Esta é unha obra cargada de emocións intensas, reflexión e elegancia, que traslada a través da arte unha mensaxe de axuda, dado que no poemario tócanse temas que interpelan frontalmente a procesos vitais e cotiás polos que pasan todas as persoas e dos que habitualmente non se adoita falar, aínda que mancan moito. 

Sobre a autora
Elba Pedrosa licenciuose en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballa como consultora e formadora en creatividade e oratoria tanto para institucións públicas como privadas, amais de colaborar con distintos medios de comunicación. Des-A-Mar, ultrasónico é a súa última obra, mais tamén publicou en galego Agora que cala a noite, no ano 2022, e O que non sabías, no ano 2020. A maiores, participou no libro de relatos Relatos na Rúa II, no ano 2015.