Solapas principales

> Diego Barbazán e Zeus RB en Música na noite

Viernes, 17 julio, 2020

A Praza da Madalena do Milladoiro acolle hoxe venres, 17 de xullo, ás 22:00 horas, a actuación de Zeus RB e Diego Barbazán.
O aforo é de 100 persoas.
Será obrigatorio o uso de máscaras e o respecto á distancia de seguridade.

A actuación forma parte do programa AmesON, encadrado no Plan Reactiva Ames, co que o Concello pretende dinamizar os sectores cultural e comercial de Ames.

Hai tempo que Diego e Zeus actúan xuntos. Coñecense desde que tocaran xuntos na orquestra New York. Na actualidade Diego é cantante e guitarra da mesma orquestra e participa na “Liga dos cantantes” da TVG. Zeus forma parte do elenco da orquestra Fania Blanco Show.