- Tipo
- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza un curso de esforzo de integración dirixido principalmente a persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación. Este informe é preceptivo en determinados casos de regularización de persoas inmigrantes (arraigo social, arraigo socio-formativo, etc.). O curso impartirase os sábados 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A solicitude farase por rexistro aportando o impreso de inscrición e mailo pasaporte.
Esta formación serve para conseguir a acreditación “Informe de esforzo de integración”, da Xunta de Galicia, válida para o arraigo social e arraigo socio-formativo. Tamén é de utilidade de cara á proba de coñecementos constitucionais e socioculturais de España (CCSE), é dicir, o exame de obtención da nacionalidade española; se ben preparalo non é a súa finalidade, senón adquirir certos coñecementos do sistema xurídico e a realidade da sociedade española que lles poden ser de utilidade ás persoas que se queiran presentar.
O curso está destinado á formación en materias como os valores constitucionais, estatuto de autonomía, valores da UE, democracia, tolerancia, dereitos humanos e liberdades fundamentais, igualdade, linguas oficiais, etc. necesarias para obter un informe de esforzo de integración favorable.
O curso impartirase os sábados 20 e 27 de setembro e 4, 11 e 18 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, na Casa da Cultura de Bertamiráns. A solicitude farase por rexistro aportando o impreso de inscrición e mailo pasaporte. Os destinatarios principalmente son aquelas persoas en situación de irregularidade administrativa próximas a solicitar a súa regulación.





