Solapas principales

> Coworking A Proa: taller de iniciación ao portugués

Miércoles, 19 octubre, 2022
Ás 17:30 horas

O espazo colaborativo “A Proa” organiza o próximo mércores 19 de outubro, ás 17:30 horas, un taller de iniciación ao portugués. No obradoiro ensinaranse conceptos básicos sobre a lingua portuguesa, e perfilaranse as persoas que asistan para crear máis talleres similares adaptados ás súas actividades profesionais. A coworker Kika de Andrade, doutora en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, será a encargada de impartir a sesión. A inscrición para esta actividade pode realizarse de balde premendo nesta ligazón.

O espazo colaborativo “A Proa”, situado na rúa das Hedras, na entrada do parque empresarial Novo Milladoiro, continúa co seu ciclo de talleres cunha sesión dedicada á aprendizaxe da lingua portuguesa, da que se impartirán conceptos básicos útiles para viaxar, presentarse, ou para o uso cotiá.

O obradoiro estará impartido por Kika de Andrade, doutora en Educación e máster en Lingüística Xeral pola USC, e licenciada en Filoloxía Portuguesa pola Universidade Federal de Baía (Brasil). Trátase dunha actividade de balde, que conta con prazas limitadas. As inscricións poden realizarse premendo nesta ligazón. Para máis información pódese visitar a páxina web www.espazoaproa.gal.

O taller comezará cunha introdución á historia da lingua portuguesa e coa presentación de conceptos elementais do portugués. Ao longo da sesión, recolleranse os perfís das persoas que asistan, co fin de preparar futuros obradoiros que se adapten ás súas diferentes actividades profesionais, como a arquitectura, a avogacía, etc.