Solapas principales

>"Contos debuxados, debuxos contados" de Caxoto e Marc Taeger

Jueves, 4 diciembre, 2025
Ás 18.00 horas

O Concello de Ames presenta unha ampla e variada programación con Apego para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025. O obxectivo central de todas estas actividades é achegarlles recursos e propostas creativas ás familias para facilitarlles a transmisión da lingua e favorecer unha crianza positiva e con moito apego polo noso. 

Actividades para as crianzas dende setembro ata decembro
Nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro as familias poderán gozar dun feixe de actividades lúdicas e participativas que lles achegarán recursos para unha crianza positiva, natural e creativa. Neste programa inclúense propostas do departamento de Normalización Lingüística e dos departamentos de Cultura e Bibliotecas.

O mes de decembro dará comezo con "Contos debuxados, debuxos contados" de Caxoto e Marc Taeger, que terá lugar ás 18.00 horas o xoves 4 no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O ilustrador Marc Taeger e o contador de contos Caxoto protagonizan este proxecto conxunto no que ofrecen un espectáculo participativo no que a vitalidade, a creatividade e as situacións esperpénticas son as protagonistas,