- Tipo
- Tematica
Para celebrar o Mes do Libro, este mes de abril sucederanse contacontos, obradoiros, actividades do programa Apego, visitas escolares do alumnado da EEI do Milladoiro á biblioteca do Milladoiro, un concurso de debuxo infantil e a presentación do libro antolóxico cos textos premiados no XXII Certame literario. A maiores, organízase a V campaña Superlectores/as, que se vai desenvolver do 1 de abril ao 13 de outubro nas bibliotecas de Ames. Podes descargar a programación completa premendo na seguinte ligazón.
Este ano, a obra escollida para os contacontos é Animais comellóns, que estará o martes 14, mércores 15 e xoves 16 de abril, ás 17.30 horas, na Biblioteca de Bertamiráns. Tamén pasará pola Biblioteca do Milladoiro unha semana despois: o martes 21, o mércores 22 e o xoves 23 de abril, tamén ás 17.30 horas.
Os contacontos están dirixidos a cativos e cativas de entre 3 e 8 anos e para participar nesta actividade é necesaria unha inscrición previa. Para anotarse, as familias interesadas deberán chamar aos números de teléfono 981 884 829 ou 981 530 807. Tamén poderán apuntarse mediante o enderezo electrónico bibliotecas@concellodeames.gal.





