Solapas principales

> Concerto solidario de Ruth Cundíns

Sábado, 26 marzo, 2022
ás 19:00 horas

“Puedes llegar” é un espectáculo musical promovido e interpretado pola artista brionesa Ruth Cundíns, gañadora do concurso Recantos de Ouro, no programa Luar, da Televisión de Galicia. A estrea será este sábado, 26 de marzo, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dun concerto solidario que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles. Os convites, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

“Puedes llegar” é un espectáculo musical e solidario que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles. Esta iniciativa musical axudará na investigación desta enfermidade que se leva a cabo no Nefrochus (laboratorio de xenética das enfermidades renais) en Santiago de Compostela, que pertence ao IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria).

É un espectáculo con fins solidarios, que parte do tema de Gloria Estefan realizado para os Xogos Olímpicos de Atlanta de 1996. Unha das pezas máis recordadas e recoñecidas na historia dos Xogos Olímpicos cunha clara mensaxe de superación. Deste xeito, “Puedes llegar” é unha viaxe por diferentes estilos musicais, onde mediante proxeccións visuais, a artista Ruth Cundíns relaciona a música con diferentes temas sociais que xiran en torno o amor e a arte.