Solapas principales

>Concerto infantil: Rockeando con Ramona

Viernes, 9 abril, 2021
Ás 18.00 horas.

O Programa Apego, do departamento de Normalización Lingüística, presenta o concerto infantil "Rockeando con Ramona". Este espectáculo infantil realizarase na Casa da Cultura de Bertamiráns, o venres 9 de abril, ás 18.00 horas. Esta actividade dirixida por Pakolas, está orientada a un público familiar.

Trátase dun concerto cheo de humor no que se coñecerán as aventuras de Ramona Órbita e a súa máquina do tempo e co que aprenderemos, cantaremos e gozaremos a ritmo rockeiro.

Precísase inscrición previa que se poderá facer, do 29 de marzo ao 8 de abril, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. A actividade é de balde.