Viernes, 16 enero, 2026
Ás 20.00 horas
- Tipo
- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este venres 16 de xaneiro, ás 20.00 horas, o concerto do amesán Alonso Caxade xunto coa banda de música de Brión, organizado polo Concello de Ames a través da concellaría de Cultura.
O músico amesán Alonso Caxade estará por primeira vez no Concello de Ames o próximo venres 16 de xaneiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns acompañado da banda de música de Brión, nun concerto que estaba programado para o pasado mes de novembro enmarcado nas festas de Santa Icía, pero que foi adiado por motivos de saúde do músico.





