Solapas principales

>Concerto banda Pauliña

Viernes, 12 marzo, 2021
Ás 19.30 horas.

A Concellería de Mocidade presenta o concerto da banda Pauliña que se celebrará o vindeiro venres, 12 de marzo, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo presentará o seu último traballo, A Malfalada, onde mesturan rock, folk country e blues. Por mor das restricións hixiénico-sanitarias, haberá límite de aforo e asignarase unha butaca, ben individual ou por agrupamento familiar, de forma automática na billeteira electrónica. Poderanse reservar como máximo 4 convites por persoa. Pódense reservar os convites na billeteira electrónica do Concello de Ames.

A banda Pauliña presentará o seu último traballo que saíu a luz en marzo do 2020 e que leva por nome A Malfalada. Para este proxecto musical que a cambadesa emprendeu, sempre cara adiante, Pauliña, rodeouse dunha gran banda formada por músicos con máis de 20 anos de experiencia enriba das táboas, e que levan moitos concertos as súas costas, o que fai que conexión no escenario entre ela e a banda sexa total, e que esta se contaxie a todos/as aqueles/as que se achegan os seus directos. A banda está formada por Iago Jorge (batería); Lolo Arincón (baixo); Paco Montoto (teclados e melódica); e Julián Gullón (guitarra).