Solapas principales

> Cinema Miúdo: Obradoiro e seccións Axóuxeres e Buxainas | O peliculón

Sábado, 26 noviembre, 2022
A partir das 11:00 horas

Volve o Festival Internacional de Cine Infantil, Cinema Miúdo, un evento que busca que a cativada da casa desfrute dunha selección de curtas chegadas de todo o mundo, ademais dunha serie de actividades paralelas, como o obradoiro creativo de creación dun zootropo, un xoguete óptico moi popular no século XIX. Os convites para asistir á inauguración, á clausura e á proxección de curtas xa se poden retirar na billeteira electrónica do Concello de Ames.

O día 26 de novembro a partir das 11:00 dará comezo o obradoiro, mentres que ás 12:00 horas darán comezo as proxeccións de filmes da segunda sección oficial de Axóuxeres (nenos e nenas a partir de 2 anos) e ás 13:00 as da sección de Buxainas (cativos a partir de sete anos). 

En cada edición, Cinema Miúdo dedica unha sesión fóra de concurso a amosar o traballo dunha produtora galega. Este ano renderase unha pequena homenaxe a Abano Producións, estudo dirixido por Chelo Loureiro especializado en animación tanto para adultos como para nenos. Será a partir das 17:30 horas. 

Xa ás 18:30 horas celebrarase a terceira sección de Buxainas, e para rematar a xornada emitirase "O Peliculón". Nesta edición, o filme escollido é "El lobo y el león de Gilles de Maistre", unha historia sobre a amizade e o amor á natureza.